Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1584 CAMPO, OUTEIRO E BUGALLEIRA Ourense Chandrexa De Queixa FONTEITA (SANTO ANDRÉ) FONTEITA, CALLE ALTA, CALLE BAIXA 15/12/75 Ficha
991 CAMPODOLA Lugo Quiroga HOSPITAL (SAN SALVADOR) CAMPODOLA CAMPODOLA 07/07/76 Ficha
4130 CAMPOS DE ALONGOS Ourense Toén ALONGOS (SAN MARTIÑO) PARROQUIA DE ALONGOS (SAN MARTIÑO) 19/02/15 Ficha
982 CAMPOS DE VILA Lugo Quiroga HOSPITAL (SAN SALVADOR) CAMPOS DE VILA, LAMELA, REVIDE E TOCA CAMPOS DE VILA, LAMELA, REVIDE E TOCA 28/12/74 Ficha
1843 CAMPOS, CARRIS, CORGA E FONTEFRIA Ourense Maceda CHÁS (AS) (SAN XOÁN) O RODICIO 26/11/75 Ficha
1050 CAMPOS, OUTONÍN E SAN CRISTOVO Lugo Samos LÓUZARA (SAN CRISTOVO) CAMPOS, OUTONÍN E SAN CRISTOVO CAMPOS, OUTONÍN E SAN CRISTOVO 25/05/76 Ficha
158 CAN DE CARRACEDO E CHAN DE SALGUEIRO (SAN ADRIÁN DE VEIGA) A Coruña Ortigueira VEIGA (SAN ADRIÁN) S. ADRIÁN DA VEIGA 19/05/86 Ficha
159 CAN DE CARRACEDO E CHAN DE SALGUEIRO (SANTIAGO DE MERA) A Coruña Ortigueira MERA DE BAIXO (SANTIAGO) SANTIAGO DE MERA 26/02/96 Ficha
1147 CANCELO Lugo Triacastela CANCELO (SAN CRISTOVO) CANCELO 17/10/88 Ficha
1267 CANCELO, COUTADA, FOXO E CAMPO OSCURO Ourense Bande CARPAZÁS (SAN PEDRO) CARPAZÁS 15/12/75 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas