Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1032 CASARES Lugo Ribas de Sil PEITES (SAN MARTIÑO) CASARES CASARES 28/11/77 Ficha
4205 Casas do Porto A Coruña Rois ROIS (SAN MAMEDE) Casas do Porto 19/12/17 Ficha
733 CASAS DO RÍO Lugo Navia de Suarna SON (SANTA MARÍA) CASAS DO RÍO CASAS DO RÍO 18/06/79 Ficha
2500 CASIÑAS E ALBATÚNEZ Pontevedra Campo Lameiro FRAGAS (SANTA MARIÑA) FRAGAS 25/01/79 Ficha
2484 CASIÑAS E PARAGUDA Pontevedra Campo Lameiro CAMPO (SAN MIGUEL) LIÑARIÑOS LIÑARIÑOS 25/01/79 Ficha
2305 CASTADOLA, PORTARADA E MONTE GRANDE Ourense Verea DOMÉS (SAN MARTIÑO) OUTEIRO 25/06/76 Ficha
3868 CASTAÑAL E OUTROS Pontevedra Pontevedra MARCÓN (SAN MIGUEL) TODOS MARCÓN 08/11/07 Ficha
2607 CASTELÁNS Pontevedra Covelo (O) CASTELÁNS (SANTO ESTEVO) TODOS CASTELÁNS 04/05/79 Ficha
1570 CASTELIGO E CHAO Ourense Chandrexa De Queixa CASTELIGO (SAN MARTIÑO) CASTELIGO E O CHAO 15/12/75 Ficha
1173 CASTELO Lugo Viveiro GALDO (SANTA MARÍA) GALDO 21/04/80 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas