Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1926 CHAIRA, GABIAN E BALISCO Ourense Montederramo SAS DO MONTE (SAN PEDRO) SAS DO MONTE 26/11/75 Ficha
2247 CHAIRA, NAVEDOS, OUTEIRO DE LAIXAS : INTEGRADO POR 5 PARCELAS; LADEIRIÑA, MAZAIRAS, OUTEIRO DAS MÍLLARAS E FRAGA Ourense Teixeira (A) BOAZO (SANTA MARÍA) PARROQUIA DE BOAZO (SANTA MARÍA) 29/05/02 Ficha
2380 CHAIRA, OUTEIRO E VEIGA Ourense Vilar de Barrio BÓVEDA (SANTA MARÍA) VILAR DE GOMAREITE 30/11/76 Ficha
2390 CHAIRA, PENEDIÑOS, TOMBO E VEIGA Ourense Vilar de Barrio BÓVEDA (SANTA MARÍA) BÓVEDA 30/11/76 Ficha
1355 CHAIRA, REVOLTA DE MEDIAS, E VOLTIREIRA Ourense Boborás MOREIRAS (SANTA MARIÑA) VECOÑA DE ABAIXO 25/06/76 Ficha
2393 CHAIRA, TAPADA E CORGO DO VISO Ourense Vilar de Barrio SEIRÓ (SAN SALVADOR) SEIRÓ 30/11/76 Ficha
1341 CHAIRAS Ourense Boborás CAMEIXA (SAN MARTIÑO) GONTELLE 25/06/76 Ficha
2067 CHAIRAS Ourense Pereiro de Aguiar (O) SAN XOÁN DE MOREIRAS (SAN XOÁN) A DERRASA, SANTA MARTA, CASMARTIÑO, CASPIÑÓN, O OUTEIRO, BOEIROS, CEBREIROS, CORTIÑAS, O PEREIRO DE ALÉN E VILAR 28/02/77 Ficha
1868 CHAIROS, TOXEDO E CATALÁNS Ourense Manzaneda SAN MIGUEL DE BIDUEIRA (SAN MIGUEL) SAN MIGUEL 25/03/76 Ficha
2660 CHAMADOIRO CABALEIROS Pontevedra Cuntis TROÁNS (SANTA MARÍA) CAMPO E PENA DE ARRIBA CAMPO E PENA DE ARRIBA 26/06/78 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas