Rexistro de montes ordenados

Na LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia no seu Título XI Do sistema rexistral , Artigo 126  créase o sistema rexistral forestal de Galicia, como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á consellaría competente en materia forestal, no que se inscribirán o conxunto de datos pertencentes aos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Montes Ordenados, no cal se inscribirán os montes e as superficies forestais situados na Comunidade Autónoma que teñan un instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola consellaría competente en materia de montes

Pode descargar a cartografía de montes ordenados (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscar

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Fecha de actualización: 18/05/2026)

Distrito Ayuntamiento Expediente Id monte Nome Superficie Tipo Data
VI-A Mariña Lucense Ribadeo 2700578 4362 MONTES CORTIÑAS E SUAS CORTIÑAA 16.2203 DOC. SIMPLE DE XESTIÓN 24/11/2023
IV-Barbanza Rois 1500238 216 DE ROIS 35.69 PROXECTO DE ORDENACIÓN 27/06/2022
VIII-Terra de Lemos Pantón 2700465 868 BAZAL E TORRE 363.4993 PROXECTO DE ORDENACIÓN 13/10/2022
X-Terra Cha Pastoriza (A) 270037-01 888 REGAVELLA E ARUFE 122.19 PROXECTO DE ORDENACIÓN 30/03/2017
V-Fisterra Dumbría 1500204 4319 MONTE DE OLVEIROA( SOFOR012) 141.7656 PROXECTO DE ORDENACIÓN 04/03/2022
VI-A Mariña Lucense Ourol 2700669 841 SERRA DE LOIBÁN, COSTA DE CEBRÁN, LOMBAS E PICO Ó RASO 330.7987 PROXECTO DE ORDENACIÓN 31/03/2025
IV-Barbanza Rois 1500164 242 DA CALLE 18.73 PROXECTO DE ORDENACIÓN 22/06/2020
IV-Barbanza Rois 1500315 242 DA CALLE 17.2838 DOC. SIMPLE DE XESTIÓN 30/04/2025
IV-Barbanza Lousame 1500220 84 COLÓN 184.3276 PROXECTO DE ORDENACIÓN 31/05/2022
V-Fisterra Carnota 150113 3895 PROUSOS, COSTA GRANDE E OUTROS 158.12 PROXECTO DE ORDENACIÓN 15/04/2014

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable
Áreas temáticas relacionadas