Rexistro de montes ordenados

Na LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia no seu Título XI Do sistema rexistral , Artigo 126  créase o sistema rexistral forestal de Galicia, como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á consellaría competente en materia forestal, no que se inscribirán o conxunto de datos pertencentes aos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Montes Ordenados, no cal se inscribirán os montes e as superficies forestais situados na Comunidade Autónoma que teñan un instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola consellaría competente en materia de montes

Pode descargar a cartografía de montes ordenados (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscar

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Fecha de actualización: 19/05/2026)

Distrito Ayuntamiento Expediente Id monte Nome Superficie Tipo Data
XIV-Verín - Viana Verín 3200177 2319 MAIOR E CABREIROÁ 289.34 PROXECTO DE ORDENACIÓN 09/12/2019
XIII-Valdeorras - Trives Pobra de Trives (A) 3200286 2098 SERRA DE PENA PETADA 234.0377 PROXECTO DE ORDENACIÓN 19/01/2022
XV-A limia Lobios 3200503 1817 MONTE DE LOBIOS 209.9502 PROXECTO DE ORDENACIÓN 04/03/2024
XII-Miño - Arnoia Nogueira de Ramuín 3200351 1996 DO REGO 123.7686 PROXECTO DE ORDENACIÓN 20/04/2022
VII-Fonsagrada - Os Ancares Navia de Suarna 2700478 704 ASAR 435.7245 PROXECTO DE ORDENACIÓN 01/12/2022
VIII-Terra de Lemos Folgoso do Courel 270208 463 VILAR 232.37 PROXECTO DE ORDENACIÓN 09/03/2010
II-Bergantiños - Mariñas Coruñesas Coirós 1500144 3937 RECEBÉS OU COSTA DO SAL 97.46 PROXECTO DE ORDENACIÓN 12/04/2018
XVI-Deza - Tabeirós Lalín 3600458 3951 MONTE DOS MUIÑOS 47.5871 PROXECTO DE ORDENACIÓN 21/08/2025
I-Ferrol Pontes de García Rodríguez (As) 1500256 3997 CHAO DO UNLLEIRO 41.2132 PROXECTO DE ORDENACIÓN 12/09/2022
VI-A Mariña Lucense Foz 270240 4034 FUNDACIÓN MARTÍNEZ OTERO EN FOZ 79.84 PROXECTO DE ORDENACIÓN 24/01/2014

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable
Áreas temáticas relacionadas