Rexistro de montes ordenados

Na LEI 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia no seu Título XI Do sistema rexistral , Artigo 126  créase o sistema rexistral forestal de Galicia, como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á consellaría competente en materia forestal, no que se inscribirán o conxunto de datos pertencentes aos seguintes rexistros:

  • Rexistro de Montes Ordenados, no cal se inscribirán os montes e as superficies forestais situados na Comunidade Autónoma que teñan un instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola consellaría competente en materia de montes

Pode descargar a cartografía de montes ordenados (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscar

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Fecha de actualización: 31/03/2026)

Distrito Ayuntamiento Expediente Id monte Nome Superficie Tipo Data
XI-O Ribeiro - Arenteiro Avión 3200393 1230 COMUNAL DE CÓRCORES 565.602 PROXECTO DE ORDENACIÓN 03/06/2022
XI-O Ribeiro - Arenteiro Avión 320097-01 1231 COMUNAL DE COUSO 1068.313 PROXECTO DE ORDENACIÓN 04/04/2022
XI-O Ribeiro - Arenteiro Avión 3200443 1234 FONTAO E COTO DE UXO 432.5854 PROXECTO DE ORDENACIÓN 19/06/2023
XV-A limia Baltar 3200470 1240 SERRA DE LAROUCO 987.2168 PROXECTO DE ORDENACIÓN 29/11/2023
VII-Fonsagrada - Os Ancares Baralla 2700675 1207 SERRA DE RIBA DE NEIRA 73.2166 PROXECTO DE ORDENACIÓN 20/05/2025
VIII-Terra de Lemos Pantón 270224-01 865 SAMPAIO, MORA, AGUIANZO E FARAMONTAOS 339.7632 PROXECTO DE ORDENACIÓN 17/09/2021
VIII-Terra de Lemos Pantón 2700639 866 HERVEDEDO, COSTA DE REBOIRAS, ESPIÑEIRO, COSTA TILLEIRA E BIDUEDO 237.1998 PROXECTO DE ORDENACIÓN 10/09/2024
IX-Lugo - Sarria Friol 270130 500 OUSÁ 184.4 PROXECTO DE ORDENACIÓN 12/04/2007
VI-A Mariña Lucense Xove 270171-1.2 592 COSTA DE LAXA MOURA 315.8094 PROXECTO DE ORDENACIÓN 07/03/2021
IX-Lugo - Sarria Láncara 2700400 593 LAMA GRANDE E CONDOMIÑA 36.0736 PROXECTO DE ORDENACIÓN 06/06/2022

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable
Áreas temáticas relacionadas