Área temática: formación

Accións formativas e de transferencia 2026

A importancia do sector agrario en Galicia, así como a evolución e especialización da agricultura e a silvicultura debido fundamentalmente aos cambios económicos, tecnolóxicos e ambientais, esixen un nivel axeitado de información e formación no sector técnico e económico. Esta información e formación estará destinada á sensibilización en materia de calidade dos produtos, xestión sustentable dos recursos naturais, xestión técnica-económica, protección do medio e conservación da paisaxe.

Carnés fitosanitarios

O Real decreto 1311/2012, do 14 de setembro, establece o marco de actuación para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios (BOE Núm. 223, do 18.09.2012). Este decreto  modifica a normativa anterior no tocante á obtención do carné de usuario de produtos fitosanitarios nos seus niveis de capacitación básico e cualificado.

Directorio de centros formativos

Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo

Lugar de Bos, 14
15640 Guísamo (A Coruña)

Tel.: 881 881 057
Fax: 881 881 044

Correo-e: cfea.guisamo [at] edu.xunta.es (cfea[dot]guisamo[at]edu[dot]xunta[dot]es)
Web: http://www.cfeaguisamo.org/