Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1560 DE SAN MARTIÑO Ourense Cualedro MONTES (SANTA BAIA) SAN MARTIÑO 09/11/77 Ficha
1442 DE SAN MARTIÑO Ourense Cartelle CARTELLE (SANTA MARÍA) SAN MARTIÑO 28/02/79 Ficha
1563 DE SAN MILLÁN Ourense Cualedro SAN MILLAO (SANTA MARÍA) SAN MILLAO 09/11/77 Ficha
1466 DE SAN TOMÉ Ourense Cartelle SAN TOMÉ (SANTA MARÍA) SAN TOMÉ 28/02/79 Ficha
3948 DE SAN VICENTE Lugo Ribadeo COVELAS (SAN VICENTE) SAN VICENTE SAN VICENTE 15/06/11 Ficha
121 DE SANTA BAIA A Coruña Mazaricos CHACÍN (SANTA EULALIA) SANTA BAIA SANTA BAIA 05/12/97 Ficha
2409 DE SANTA COMBA Ourense Vilardevós MOIALDE (SANTA MARÍA) SANTA COMBA DE BARONCELLE 27/10/76 Ficha
3889 DE SANTA MARÍA DE PIÑO Lugo Pobra de Brollón (A) PINO (SANTA MARÍA) SANTA MARÍA DE PIÑO 17/12/08 Ficha
1850 DE SANTA MARTA Ourense Maceda TIOIRA (SANTA MARÍA) SANTA MARTA 26/11/75 Ficha
1384 DE SANTIAGO Ourense Calvos de Randín RUBIÁS DOS MIXTOS (SANTIAGO) SANTIAGO 27/10/76 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas