Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1056 LOURIDO GRANDE Lugo Samos RENCHE (SANTIAGO) LOURIDO GRANDE LOURIDO GRANDE 22/12/76 Ficha
2638 LOURIÑA Pontevedra Cuntis CUNTIS (SANTA MARÍA) LOURIÑA LOURIÑA 26/06/78 Ficha
134 LOURO E MEÁN, OROSO, NARAIO E TIGIA A Coruña Muros LOURO (SANTIAGO) LOURO 30/11/81 Ficha
3872 LOUROSO E OUTROS Pontevedra Barro CURRO (SANTA MARÍA) TODOS CURRO 02/06/07 Ficha
4051 Lousadiño Ourense Irixo (O) LOUREIRO (SANTA MARIÑA) Lousadiño 10/04/14 Ficha
3101 LOUSADO, NIÑO DO CORVO, ILLA CANOSA, ARNADOS, MOROCEIRA E OUTROS Pontevedra Rosal (O) SAN MIGUEL DE TABAGÓN (SAN MIGUEL) TODOS SAN MIGUEL DE TABAGÓN 11/04/84 Ficha
4387 LOUSEIRAS Lugo Vilalba ALBA (SAN XOÁN) SAN XOÁN DE ALBA 02/06/21 Ficha
1160 LOUXEIRA Lugo Vilalba TORRE (SANTA MARÍA) TORRE 01/12/80 Ficha
906 LOUZARELA Lugo Pedrafita do Cebreiro LOUZARELA (SAN XOÁN) LOUZARELA LOUZARELA 25/05/76 Ficha
2082 LUCIA Ó LAMA Ourense Porqueira SAN LOURENZO DE ABELEDA (SAN LOURENZO) SAN LOURENZO 11/07/90 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas