Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
888 REGAVELLA E ARUFE Lugo Pastoriza (A) SAN MARTIÑO DE CORVELLE (SAN MARTIÑO) Veciños da parroquia de Corvelle 05/02/79 Ficha
4114 Rego de Neca, Regueiro de Gándara I e II e Lagudo. PO-04-Adter-13. Pontevedra Vigo COMESAÑA (SANTO ANDRÉ) SAN ANDRÉS DE COMESAÑA 08/10/14 Ficha
345 REGO DE PAREDES, CHIMENEA, REGO DE VITORNA E OS MADORROS E DO QUINTO Lugo Castro de Rei AZÚMARA (SAN XOÁN) AZÚMARA 14/12/81 Ficha
3052 REGODOBARDO Pontevedra Ponte Caldelas INSUA (A) (SANTA MARIÑA) REGODOBARBO REGODOBARGO 05/12/80 Ficha
2219 REGUEIRA DE ABELEDA E DOS BOIS Ourense San Cristovo de Cea SAN FAGUNDO (SAN FAGUNDO) ARIZ 08/04/81 Ficha
1773 REGUEIRA VELLA, RIBEIRA, FREIXO E OUTROS (VIÑA VELLA, LOUSÁ, NEVOAS BOAS E BARRELA) Ourense Leiro LEBOSENDE (SAN MIGUEL) PARROQUIA DE LEBOSENDE (SAN MIGUEL) 27/11/07 Ficha
2005 REGUEIRA, ABRIADOIRO, CHAIRAS, PEXEDOS, LAMPAZAS, CAVADOIRO, TEXO, MONTE DO REGO, COSTA, A PEIXÓN E CAMPINAS Ourense Nogueira de Ramuín SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL (SANTO ESTEVO) PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL (SANTO ESTEVO) 27/04/77 Ficha
831 REGUEIRAL - EIROS Lugo Nogais (As) TORÉS (SAN XOÁN) QUINTELA QUINTELA 29/04/77 Ficha
1357 REGUEIRO Ourense Boborás REGUEIRO (O) (SAN PEDRO) O REGUEIRO DE ABAIXO, O REGUEIRO DE ARRIBA E AS ANTAS 25/06/76 Ficha
2361 REGUEIRO CUBO OU PEDRA ARANDEIRA Ourense Viana do Bolo TABAZOA DE UMOSO (SAN SEBASTIÁN) TABAZOA DE UMOSO 26/11/75 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas