Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1073 REBORDELO Lugo Sarria BARBADELO (SANTIAGO) BARBADELO 30/04/79 Ficha
1079 REBORDELO Lugo Sarria PIÑEIRA (SAN MIGUEL) PIÑEIRA 30/04/79 Ficha
2589 REBORDELO Pontevedra Cotobade REBORDELO (SAN MARTIÑO) TODOS REBORDELO 01/02/79 Ficha
3051 REBORDELO Pontevedra Ponte Caldelas INSUA (A) (SANTA MARIÑA) REBORDELO REBORDELO 05/12/80 Ficha
2641 REBORDELO E MONTESINO Pontevedra Cuntis CUNTIS (SANTA MARÍA) REBORDELO REBORDELO, 1-36678 CUNTIS 26/06/78 Ficha
2006 REBORDONDO, CHAOS, PEIMOURO, CHAIRAS Ourense Nogueira de Ramuín SANTA CRUZ DE RUBIACÓS (SANTA CRUZ) PARROQUIA DE SANTA CRUZ DE RUBIACÓS (SANTA CRUZ) 25/05/77 Ficha
3084 REBOREDA Pontevedra Redondela REBOREDA (SANTA MARÍA) TODOS REBOREDA 04/12/80 Ficha
3937 Recebés ou Costa do Sal A Coruña Coirós OÍS (SANTA MARÍA) Santa María de Ois Santa María de Ois 17/12/09 Ficha
980 RECECENDES Lugo Portomarín BAGUDE (SAN BARTOLOMEU) RECECENDES RECECENDES 11/02/85 Ficha
979 RECELLE Lugo Portomarín RECELLE (SAN PEDRO) RECELLE 31/03/78 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas