Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
3851 SAN GREGORIO E OUTRO Pontevedra Vila de Cruces OLLARES (SANTA MARÍA) TODOS OLLARES 08/11/07 Ficha
171 SAN GREGORIO, MONTE DE ABAIXO E MONTE LAMAS A Coruña Padrón PADRÓN (SANTIAGO APÓSTOLO) A DEVESA, EXTRAMUNDI DE ARRIBA, EXTRAMUNDI DE ABAIXO, VILAR, AGRONOVO E A PEDREIRA. EXTRAMUNDI E OUTROS 23/06/80 Ficha
152 SAN LOIS A Coruña Noia OBRE (SANTA MARIÑA) Todos os lugares da parroquia de Obre e VALBARGOS da parroquia de Argalo Parroquia de Obre e Lugar de Valbargos 22/06/89 Ficha
179 SAN LOIS, SOLAR, CABALLOSO, FIEIRO, PEDRICES E COSTADO A Coruña Porto do Son (O) MIÑORTOS (SAN MARTIÑO) MIÑORTOS 28/05/79 Ficha
1450 SAN LORENZO E REXIDOIRA Ourense Cartelle ESPIÑOSO (SAN MIGUEL) OS PAZOS 28/02/79 Ficha
3915 SAN LOURENZO Ourense Coles MELIAS (SAN MIGUEL) SAN LOURENZO 02/12/09 Ficha
3993 San Lourenzo Pontevedra Vilanova de Arousa ANDRÁS (SAN LOURENZO) ANDRÁS 03/10/11 Ficha
45 SAN MAMEDE A Coruña Carnota CARNOTA (SAN MAMEDE) VADEBOIS, PARADA, VILAR DE PARADA, CORNIDO, FETÓS, O VISO, CRUCES, PIÑEIROS, PERALVAR, CANEDO, CAPELÁN, RATEIRA, LOUREDO, CASTELO E FREÁN (PQ SAN MAMEDE DE CARNOTA) E Freán e Pedrafigueira (PQ SANTA COMBA DE CARNOTA) VADEBOIS, PARADA e outros 13/12/94 Ficha
4003 SAN MAMEDE Ourense Porqueira SOBREGANADE (SAN MAMEDE) SAN MAMEDE 06/02/13 Ficha
2158 SAN MAMEDE Ourense Riós PROGO (SAN MIGUEL) VILARIÑO DAS TOUZAS 28/02/77 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas