Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:
- A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
- A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
- A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
- Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
- Ano de produción: 2024
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 411 | TRIGAIS | Lugo | Cervantes | SAN PEDRO DE CERVANTES (SAN PEDRO) | TRIGAIS | TRIGAIS | 12/09/83 | Ficha |
| 2039 | TRIGUIZAS | Ourense | Padrenda | CRESPOS (SAN XOÁN) | CARBALLAL E ALÉN | 28/02/77 | Ficha | |
| 1439 | TURREIRO, REGATELLEIRA, CIDADE E PENELAS | Ourense | Cartelle | CARTELLE (SANTA MARÍA) | PEREDA | 28/02/79 | Ficha | |
| 1088 | UCEIRA DO CONDE | Lugo | Sarria | LOUSADELA (SANTO ESTEVO) | LOUSADELA | 14/12/81 | Ficha | |
| 1082 | UCEIRA E MONTE DO CONDE | Lugo | Sarria | VILAR (SANTA MARÍA) | VILAR (SANTA MARÍA) | 30/04/79 | Ficha | |
| 2615 | UCEIRA, NOVELOS, RIBADÍN E VICO | Pontevedra | Crecente | ALBEOS (SAN XOÁN) | TODOS | ALBEOS | 07/05/79 | Ficha |
| 583 | UCEIRA, TRAVESA DO PICO E DEVESA DE BALBÓN | Lugo | Incio (O) | VILARXOÁN (SAN LOURENZO) | VILARXOÁN | 16/03/86 | Ficha | |
| 3861 | UDRA E OUTROS ( TOTAL: VINTEOITO) | Pontevedra | Bueu | BELUSO (SANTA MARÍA) | TODOS | BELUSO | 10/05/07 | Ficha |
| 2464 | URGAL | Pontevedra | Baiona | BELESAR (SAN LOURENZO) | BELESAR | 14/07/04 | Ficha | |
| 2092 | UZAL | Ourense | Pobra De Trives (A) | BARRIO (SAN XOÁN) | PARROQUIA DE BARRIO (SAN XOÁN) | 28/04/76 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común