Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:
- A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
- A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
- A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
- Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
- Ano de produción: 2024
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 330 | VAL DE AGUEIROS, O CHAO, OS TROLLOS, MONTERREDONDO, A SILLA, CAMIÑO BRANCO, REGO DO SAN ROQUE, O NAVALLO, VAL DE RODELA, O BELÓN, A LAGOA, O AMEDO, SENTID, O LOUTO, O GORGOLO, A COSTA, CHA E SUBCORTIÑAS | Lugo | Bóveda | VER (SAN VICENTE) | VER | 17/12/79 | Ficha | |
| 2237 | VAL DE CERDEIRO, MUIÑO VELLO, OS BIDOS, A COSTA E MADORRA | Ourense | Sarreaus | CORTEGADA (SAN XOÁN) | CORTEGADA | 26/11/80 | Ficha | |
| 3509 | VAL DE CHEDA, REIGOSA, AS TARABELAS | Ourense | Irixo (O) | SAN COSMEDE DE CUSANCA (SAN COSMEDE) | ZACARADE | 04/01/07 | Ficha | |
| 1494 | VAL DE COTO REDONDO | Ourense | Castrelo de Miño | MACENDO (SANTA MARÍA) | A BOUZA E CASARDEITA | 29/10/80 | Ficha | |
| 915 | VAL DE FARIÑA | Lugo | Pedrafita do Cebreiro | LOUZARELA (SAN XOÁN) | VAL DE FARIÑA | VAL DE FARIÑA | 29/10/76 | Ficha |
| 1671 | VAL DE MARÍA | Ourense | Irixo (O) | REGUEIRO (O) (SAN PEDRO) | CANDOSA E AS ANTAS | 25/06/76 | Ficha | |
| 2306 | VAL DE MOREDO | Ourense | Verea | VEREA (SANTIAGO) | LAIOSO E CARBALLO | 25/06/76 | Ficha | |
| 2447 | VAL DE MUIÑOS | Pontevedra | Arbo | MOURENTÁN (SAN CRISTOVO) | SANDE | SANDE | 13/11/79 | Ficha |
| 998 | VAL DO CAMPELO | Lugo | Quiroga | BENDOLLO (SANTA BAIA) | BENDOLLO | 07/07/76 | Ficha | |
| 2253 | VAL DO DORNO, MONTEMIAU, COSTA DOS MARCOS, COSTA DO MUIÑO NOVO E OUTEIRO D' ALMORZO | Ourense | Toén | TOÉN (SANTA MARÍA) | PARROQUIA DE TOÉN (SANTA MARÍA) | 26/10/77 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común