Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
3072 VILARCHÁN Pontevedra Ponte Caldelas TOURÓN (SANTA MARÍA) VILARCHÁN VILARCHÁN 26/05/82 Ficha
149 VILARDANTE E VILAFABEIRO A Coruña Noia ROO (SANTA MARÍA) VILARDANTE E VILAFABEIRO VILARDANTE E VILAFABEIRO 23/04/79 Ficha
535 VILARES Lugo Guitiriz VILARES (SAN VICENTE) VILARES 31/07/75 Ficha
763 VILARGUENDE Lugo Navia de Suarna QUEIZÁN (SANTIAGO) VILARGUENDE VILARGUENDE 20/12/82 Ficha
716 VILARGUIDE Lugo Navia de Suarna GALEGOS (SANTIAGO) VILARGUIDE VILARGUIDE 30/04/79 Ficha
780 VILARÍN Lugo Navia de Suarna VALLO (SANTA MARIÑA) VILARÍN VILARÍN 29/03/93 Ficha
837 VILARÍN Lugo Nogais (As) DONCOS (SANTIAGO) VILARÍN VILARÍN 05/12/80 Ficha
611 VILARÍN E CORTIÑAS Lugo Láncara CEDRÓN (SANTIAGO) VILARÍN VILARÍN 30/06/80 Ficha
969 VILARIÑO Lugo Portomarín BELAZ (SAN MAMEDE) VILARIÑO DE BATÁN VILARIÑO 28/11/77 Ficha
1031 VILARIÑO Lugo Ribas de Sil NOGUEIRA (NOSA SEÑORA DAS NEVES) VILARIÑO VILARIÑO 28/11/77 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas