Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
3874 COPRE, SALGUEIRON E OUTROS Pontevedra Soutomaior ARCADE (SANTIAGO) DEVESA 14/07/04 Ficha
277 CORDA DE NEA E VEIGA DE PUMARIÑO Lugo Abadín GOÁS (SAN PEDRO) GOAS 30/10/78 Ficha
284 CORDA DE NEDA Lugo Abadín ABELEDO (SANTA MARÍA) ABELEDO 30/04/79 Ficha
1024 CORDAL Lugo Ribadeo COVELAS (SAN VICENTE) ANZAS, EMPALME E REME ANZAS, EMPALME E REME 26/05/80 Ficha
3804 CORDAL (clasificado no seu momento como Trabas, Cobreira, Granda, Penatallada e Reme) Lugo Ribadeo COVELAS (SAN VICENTE) Anzas, Empalme e Reme ANZAS, EMPALME E REME 28/06/06 Ficha
2227 CORGA Ourense Sandiás PIÑEIRA DE ARCOS (SAN XOÁN) PARROQUIA DE PIÑEIRA DE ARCOS (SAN XOÁN) 12/11/87 Ficha
196 CORGO, SALGUEIRIÑOS, MONTIÑO VELLO, CARBALLA E BORBOLLA A Coruña Rianxo ASADOS (SANTA MARÍA) BURÉS BURÉS 22/01/79 Ficha
3814 CORISCADA E VILARIÑO A Coruña Mañón MAÑÓN (SANTA MARÍA) PARROQUIA DE MAÑÓN 09/05/07 Ficha
3242 CORNAZO E SOLOBEIRA Pontevedra Vilagarcía de Arousa CORNAZO (SAN PEDRO) CORNAZO-SOLOBEIRA CORNAZO E SOLOBEIRA 18/11/81 Ficha
355 CORNEDO E FONTE SECA Lugo Castroverde VILALLE (SAN PEDRO) VILALLE 05/02/79 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas