Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
41 DA COSTA A Coruña Carballo RUS (SANTA MARÍA) OUTEIROS OUTEIROS 24/05/95 Ficha
1411 DA COSTA Ourense Carballeda de Avia SANTO ESTEVO DE NÓVOA (SANTO ESTEVO) SANTO ESTEVO 20/06/77 Ficha
4389 Da Costa Ourense Irixo (O) SAN COSMEDE DE CUSANCA (SAN COSMEDE) Veciños da Costa 23/06/21 Ficha
4425 Da Costa (ampliación) Ourense Carballeda de Avia SANTO ESTEVO DE NÓVOA (SANTO ESTEVO) SANTO ESTEVO 09/03/22 Ficha
3031 DA COSTA E OUTROS Pontevedra Ponteareas FONTENLA (SAN MAMEDE) TODOS FONTENLA 03/11/92 Ficha
2208 DA EIREXA VELLA Ourense San Cristovo de Cea LONGOS (SANTA BAIA) A EIREXA VELLA 25/02/81 Ficha
1575 DA ESPASA Ourense Chandrexa De Queixa CHANDREXA (SAN PEDRO) A ESPASA 15/12/75 Ficha
203 DA IGREXA E CAMPOS DE OLVEIRA A Coruña Ribeira OLVEIRA (SANTA MARÍA) OLVEIRA 28/05/79 Ficha
3515 DA LAGOA e COTO DO FARO Lugo Foz NOIS (SAN XIAO) NOIS 08/06/04 Ficha
420 DA LAMA Lugo Cervantes NOCEDA (SAN PEDRO) A LAMA A LAMA 12/12/02 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas