Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
782 DORNA, CEDO, CABANAS E POUSADOIRO Lugo Navia de Suarna CABANELA (SANTA MARÍA) CABANELA E FIGUEIRA CABANELA E FIGUEIRA 03/05/93 Ficha
1695 DORNELAS O POUSO Ourense Irixo (O) FROUFE (SAN XOÁN) FROUFE 08/06/06 Ficha
52 DOS QUINTOS A Coruña Cerceda XESTEDA (SANTA COMBA) XESTEDA XESTEDA 23/01/78 Ficha
378 DRADA E ORBÁN Lugo Cervantes RIBEIRA (A) (SAN MARTÍN) DRADA E ORBÁN DADRA E ORBÁN 18/04/83 Ficha
2186 DUNFIZ E CABALO PANDADO Ourense Rubiá VEIGA DE CASCALLÁ (A) (SANTA CRUZ) PARROQUIA DE A VEIGA DE CASCALLÁ (SANTA CRUZ) 30/11/76 Ficha
526 EGUALONGA, CASTELO DE GOHIA, ESPIGÓN, CARRACEIRO, CHAO DA LAGOA, QUINTÁS E ESTREITO Lugo Xermade LOUSADA (SANTO ANDRÉ) LOUSADA 15/06/81 Ficha
3865 EIRA DAS VARELAS - CASTROVE Pontevedra Barro CURRO (SANTA MARÍA) TODOS CURRO 27/02/08 Ficha
3102 EIRAS Pontevedra Rosal (O) EIRAS (AS) (SAN BARTOLOMEU) TODOS EIRAS 30/05/84 Ficha
1020 EIRAS E REBOREDO Lugo Quiroga FISTEUS (SAN MAMEDE) CAMPO DO VAL, FISTEUS, GOIA VILABOA E VILAMEÁ CAMPO DO VAL, FISTEUS, GOIA, VILABOA E VILAMEÁ 22/12/76 Ficha
3981 EITEIRO DO GALO, FRAGA DA IGREXA, SALGUEIRAL, A VOLTA DA COSTA, OS CURROS, FOXO E AS BARREIRAS. A Coruña Porto do Son (O) MURO (SAN PEDRO) SAN PEDRO DE MURO 29/06/12 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas