Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
2097 LADEIRA, CANCELA, CAMPO DE LAMA E CAMPO DE PAREIXAS Ourense Pobra De Trives (A) PAREISÁS (SANTO ANTONIO) PAREISÁS 28/04/76 Ficha
1398 LADEIRAS Ourense Carballeda de Valdeorras SOBRADELO (SANTA MARÍA) PARROQUIA DE SOBRADELO (SANTA MARÍA) 09/11/77 Ficha
2052 LADEIRAS, COBO E OUTEIRO DAS CORZAS Ourense Parada de Sil CHANDREXA (SANTA MARÍA) ESPIÑAS 20/06/77 Ficha
2244 LAGA VELLA, LOUXA ESPETADA, VAL DE PERDICES, E POUSADOIRO Ourense Sarreaus PARADIÑA (SANTA MARÍA MADANELA) VILARIÑO FRÍO 09/11/77 Ficha
4103 Lagas e Val da Rastiña Ourense Cualedro BALDRIZ (SAN BARTOLOMEU) BALDRIZ 22/09/15 Ficha
925 LAGO Lugo Pedrafita do Cebreiro PADORNELO (SAN XOÁN) LAGO LAGO 22/12/76 Ficha
1281 LAGOA Ourense Baños de Molgas ALMOITE (SANTA MARÍA) PARROQUIA DE ALMOITE (SANTA MARÍA) 31/10/79 Ficha
2396 LAGOA DE ABAIXO Ourense Vilar de Santos PARADA DE OUTEIRO (SANTA MARÍA) A PONTE E O MOSQUEIRO 29/05/02 Ficha
2229 LAGOA DE ANTELA Ourense Sandiás SANDIÁS (SANTO ESTEVO) PARROQUIA DE SANDIÁS (SANTO ESTEVO) 11/02/72 Ficha
900 LAGOA DE TÁBOAS Lugo Pedrafita do Cebreiro CEBREIRO (O) (SANTA MARÍA) LAGOA LAGOA DE TÁBOAS 28/12/74 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas