Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1957 PORTELA, OUTEIRO E VEIGA Ourense Muíños BARXÉS (SANTA MARÍA) TOURÓS 30/05/79 Ficha
1279 PORTELA, RABAZAL, OUZAL, CURRÁS, VEIGA E OUTEIRO DAS PEREIRAS Ourense Bande SANTA COMBA (SAN TROCADO) PARROQUIA DE SANTA COMBA 15/12/75 Ficha
1953 PORTELA, SERRA DE PITÓS E REVOLTA Ourense Muíños REQUIÁS (SANTIAGO) PARROQUIA DE REQUIÁS (SANTIAGO) 12/06/73 Ficha
3996 PORTELIÑA E OUTROS (14 gravados como parcelas) Pontevedra Cangas DARBO (SANTA MARÍA) DARBO 16/04/12 Ficha
4276 PORTELIÑAS Ourense Carballeda de Valdeorras CARBALLEDA (SAN VICENZO) BASCOIS, CARBALLEDA E SANTA CRUZ 04/06/19 Ficha
1829 PORTO COIÑOS E PENAS VELLAS Ourense Maceda ASADUR (SANTA MARIÑA) BALDREI E SOMOZA 26/11/75 Ficha
2351 PORTO D'ARCA Ourense Viana do Bolo QUINTELA DE UMOSO (PADRE ETERNO) UMOSO 26/11/75 Ficha
2998 PORTO DO SALTO, CUBELO E TARRIO, MORADELA, CACHADIÑA E MARAS, VILAVEDRA E VILAR, MACICA OU TRAS DAS PÍAS Pontevedra Portas ROMAI (SAN XULIÁN) TODOS ROMAI 20/02/89 Ficha
1876 PORTO VALMOURISCO Ourense Melón MELÓN (SANTA MARÍA) A COSTA DO CUCO 30/03/77 Ficha
964 PORTOMARÍN Lugo Portomarín PORTOMARÍN (SAN NICOLÁS) SAN NICOLAO E SAN PEDRO DE PORTOMARÍN 31/07/75 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas