Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
321 BOEDOS Lugo Begonte ILLÁN (SANTIAGO) ILLÁN 28/11/77 Ficha
4 BOIMIL A Coruña Boimorto BOIMIL (SAN MIGUEL) BOIMIL 30/04/87 Ficha
4388 BOITIRADO Lugo Riotorto MUXUEIRA (A) (SAN LOURENZO) AUGAXOSA AUGAXOSA 02/06/21 Ficha
227 BOLGA VILARIÑO A Coruña Rois AUGASANTAS (SAN VICENTE) VILARIÑO VILARIÑO ( Pª AUGASANTAS ) 09/07/76 Ficha
2937 BORBÉN Pontevedra Pazos de Borbén BORBÉN (SANTIAGO) TODOS BORBÉN 13/11/79 Ficha
2584 BORELA Pontevedra Cotobade BORELA (SAN MARTIÑO) TODOS BORELA 01/02/79 Ficha
1345 BORRAXAS, VALES E VILACHÁ Ourense Boborás FEÁS (SANTO ANTÓN) BORRAXAS, VALES E VILACHÁ 25/06/76 Ficha
4242 Borraxeiros Pontevedra Neves (As) TORTOREOS (SANTIAGO) TORTOREOS 14/06/17 Ficha
3512 BORREAL, A TULA e TRAS CARRIL Ourense Sarreaus CODOSEDO (SANTA MARÍA) CODOSEDO 08/11/06 Ficha
2777 BORREIROS Pontevedra Gondomar BORREIROS (SAN MARTIÑO) TODOS BORREIROS 01/06/84 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas