Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:
- A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
- A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
- A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
- Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
- Ano de produción: 2024
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 386 | BORZOADO | Lugo | Cervantes | DORNA (SANTA MARÍA) | BORZOADO | BORZOADO | 18/04/83 | Ficha |
| 876 | BOSQUE, SERRA LAGÜELA, GANDARÓN E CABALEIRÓN | Lugo | Paradela | ANDREADE (SANTIAGO) | ANDREADE, BARÁN E VILARAGUNTE | 05/12/80 | Ficha | |
| 2049 | BOUCEIRA E CAMPIÑAS | Ourense | Padrenda | PADRENDA (SAN CIBRÁN) | PARROQUIA DE PADRENDA (SAN CIBRÁN) | 14/10/92 | Ficha | |
| 234 | BOUSABADÍN | A Coruña | Rois | HERBOGO (SAN PEDRO) | CASAS NOVAS, ESPAI, E RUBIEIRO | CASAS NOVAS E OUTROS | 04/02/77 | Ficha |
| 2504 | BOUZA | Pontevedra | Campo Lameiro | MONTES (SAN ISIDRO) | SAN ISIDRO | SAN ISIDRO | 25/01/79 | Ficha |
| 3828 | BOUZA DOS ABALOS E PENEDO | Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | AREALONGA (SANTA EULALIA) | TRABANCA-BADIÑA | TRABANCA-BADI?A | 27/01/07 | Ficha |
| 3252 | BOUZA, CON DO FORNO, CAAMPELO, PEDROUZO, QUILMA, CARPEIRÓN E PUNTA VADO | Pontevedra | A Illa de Arousa | ILLA DE AROUSA (A) (SAN XULIÁN) | TODOS | ILLA DE AROUSA | 23/02/84 | Ficha |
| 1123 | BOUZÓN, BARQUELA E SERRA DE RODÍS | Lugo | Taboada | VILAR DE CABALOS (SANTA EULALIA) | SANTA EULALIA DE VILAR DE CABALOS | 31/03/78 | Ficha | |
| 223 | BRALO | A Coruña | Rois | AUGASANTAS (SAN VICENTE) | BRALO | BRALO | 09/07/79 | Ficha |
| 161 | BRAÑA DA PONTE, BRAÑA DO PORTO PEQUEÑO E BRAÑA DA ZANCA | A Coruña | Oza dos Ríos | RODEIRO (SANTA MARÍA) | PENA MARTÍN | PENA MARTÍN | 01/12/94 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común