Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:
- A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
- A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
- A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
- Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
- Ano de produción: 2024
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 53 | BRAÑA DE ARRIBA | A Coruña | Cerceda | RODÍS (SAN MARTIÑO) | VILAMARTA DE RIBA | VILAMARTA DE RIBA | 23/01/98 | Ficha |
| 256 | BRAÑAS | A Coruña | Toques | BRAÑAS (SANTA MARIÑA) | BRAÑAS | 04/03/77 | Ficha | |
| 3930 | Brañas do Castro ou Brañón do Castro | A Coruña | Ordes | LEIRA (SANTA MARÍA) | parroquia de Leira | 16/05/93 | Ficha | |
| 805 | BRAÑAS E SEARAS DOUTRO LADO | Lugo | Nogais (As) | NOCEDA (SAN XOÁN) | BRAÑAS | BRAÑAS | 19/01/76 | Ficha |
| 482 | BRANCIO E CANDELOS | Lugo | Fonsagrada (A) | SAN MARTÍN DE ARROXO (SAN MARTÍN) | BRANCIO E CANDELOS | BRANCIO E CANDELOS | 12/07/82 | Ficha |
| 799 | BRAÑELA | Lugo | Negueira de Muñiz | OUVIAÑO (SANTIAGO) | BRAÑELA | BRAÑELA | 22/12/76 | Ficha |
| 2233 | BRESMAUS E PORTELA; CAMPO DE COEDO E VEIGA DE BERDELO | Ourense | Sarreaus | BRESMAUS (SAN BARTOLOMEU) | BRESMAUS E A PORTELA DA QUINTA | 28/02/79 | Ficha | |
| 1573 | BRETELO | Ourense | Chandrexa De Queixa | CHANDREXA (SAN PEDRO) | BRETELO | 15/12/75 | Ficha | |
| 2617 | BRIÑEDO E LOMA CHOROSA | Pontevedra | Crecente | ANGUDES (SAN XOÁN) | TODOS | ANGUDES | 07/05/79 | Ficha |
| 1101 | BROZA | Lugo | Saviñao (O) | BROZA (A) (SANTO TOMÉ) | BROZA, REBORDONDIEGO E SIXIRIZ | BROZA, REBORDONDIEGO E SIXIRIZ | 14/12/81 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común