Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1153 A LAXE Lugo Valadouro (O) LAXE (A) (SAN XOÁN) SAN XOÁN DA LAXE 25/06/93 Ficha
1363 A LEIRA, A MUNIA, A CARDEA, A DERRASA, OS MARQUIÑOS, CORGO, O PENDÓN, O CASTRO DE FECHAS, A EDREIRA, PICOTO E A FRAGA Ourense Bola (A) SORGA (SAN MAMEDE) POUSA, FONDO VILA, O PAZO, O CAMPO, O OUTEIRO, FECHAS, PEGARIÑA E AS MAMUELAS 02/04/03 Ficha
1622 A LOMBA Ourense Xinzo de Limia LAMAS (SANTA MARÍA) LAMAS 15/10/93 Ficha
4025 A LOMBA Pontevedra Redondela VISO (O) (SANTA MARÍA) VISO 19/11/12 Ficha
1948 A MADANELA Ourense Monterrei MADANELA (A) (SANTA MARÍA) A MADANELA 27/10/76 Ficha
3205 A MADROA E A GUÍA Pontevedra Vigo TEIS (SAN SALVADOR) TODOS TEIS 04/06/97 Ficha
3208 A MINA E OUTROS Pontevedra Vigo CASTRELOS (SANTA MARÍA) CASTRELOS 20/02/03 Ficha
3211 A MÓ, MARUXENTO, FONTE SANTA I E FONTE SANTA II Pontevedra Vigo MATAMÁ (SAN PEDRO) MATAMÁ 14/07/04 Ficha
3829 A PEDRA E UZAL DOS CORTELLOS Ourense Riós NAVALLO (O) (SAN VICENTE) PENA DO SOUTO 03/05/05 Ficha
4459 A Pedreira Pontevedra Lama (A) ANTAS (SANTIAGO) ANTAS 14/06/22 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas