Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1626 A PEDRIZA; OUTEIRO DA PRAZA DA VEIGA; A TOUZA E A ZAÍNZA; E A VEIGA Ourense Xinzo de Limia SOLBEIRA DE LIMIA (SAN PEDRO) PIDRE 20/11/01 Ficha
3873 A PORTELA Pontevedra Bueu BUEU (SAN MARTIÑO) PORTELA, VALADO, RAMORTA E CARRASQUEIRA PORTELA, VALADO, RAMORTA E CARRASQUEIRA 28/04/04 Ficha
2469 A PORTELA Pontevedra Bueu BUEU (SAN MARTIÑO) PORTELA, VALADO, RAMORTA E CARRASQUEIRA SAN MARTIÑO DE BUEU 28/04/04 Ficha
1694 A PORTELA, A ESTIVADA, A BALSADA E PENAGUEIRA Ourense Irixo (O) FROUFE (SAN XOÁN) FROUFE 08/06/06 Ficha
3909 A PORTELIÑA, A CIDÁ E O CASTELO Ourense Xinzo de Limia PENA (A) (SAN PEDRO) A PENA 20/10/09 Ficha
4547 A Poza do Frade, O Canto do Regueiro, Valdapalla, Cons 5, Cons 6, Cons 7 e Cons 8 Pontevedra Pontevedra MOURENTE (SANTA MARÍA) MOURENTE 01/03/23 Ficha
520 A PREGACIÓN - SAN XOÁN Lugo Friol SEOANE DE APREGACIÓN (SAN XOÁN) SEOANE DA PREGACIÓN- SAN XOÁN 20/12/82 Ficha
4560 A Proviceira, O Cimón, A Bugalleira, O Cabrón, A Carrapata e Os Lameiros Ourense Celanova MILMANDA (SANTA EUFEMIA) Moimenta e Orbán 16/12/24 Ficha
4050 A Sacada Ourense Ramirás PAIZÁS (SAN SALVADOR) Fraguas, A Silva, Vilaboa, Vilaflor e Portas Abertas 10/04/14 Ficha
1504 A SERRA Ourense Castrelo de Miño PONTE CASTRELO (SANTO ESTEVO) PARROQUIAS DE PONTE CASTRELO ( SANTO ESTEVO) E BARRAL (NOSA SRA. DAS NEVES) 29/10/80 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas