Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
4537 Cabeza da Vella, Costa da Ponte, Cernadelo, Coto das Mos, Edreira, Raíña e Mengán e Ladeira dos Fonduxos Ourense Entrimo ENTRIMO (SANTA MARÍA A REAL) FERREIROS DE ABAIXO 11/10/19 Ficha
4538 Cabeza da Vella, Ladeira dos Cruceiros, Torgueira y Beliñas Ourense Entrimo ENTRIMO (SANTA MARÍA A REAL) Terrachán oeste 18/05/20 Ficha
3199 CABEZA DE CERNE, PEDRAMÁN, CARBALLOSO, CHAN DE SOBREIRO E MONTE GATO Pontevedra Vigo CORUXO (SAN SALVADOR) TODOS CORUXO 16/12/92 Ficha
2066 CABEZA DE MEDA Ourense Parada de Sil CAXIDE (SANTA CRISTINA) O COUTIÑO, O COUTO, SANTIGUEIRO, REQUIÁN, TEIMENDE, CELEIRÓN E AS PARADELLAS 20/06/77 Ficha
1908 CABEZA DE MEDA, PEDROSO, CABEZO, DEVESA E OUTEIRO DE RATOEIRAS Ourense Montederramo CHÁS (AS) (SAN XOÁN) CACHARREQUILLE, OS CURRÁS, O MEDÓN E AS RATOEIRAS 26/11/75 Ficha
1764 CABEZA DO MUÍÑO Ourense Laza MATAMÁ (SANTA MARÍA) PARROQUIA DE MATAMÁ (SANTA MARÍA) E EIRAS 25/03/76 Ficha
2161 CABEZO Ourense Riós RIÓS (SANTA MARÍA) AS VENDAS DA BARREIRA E VALFARTO 07/05/75 Ficha
1855 CABEZO E LAMELAS Ourense Maceda VILARDECÁS (SAN XOÁN) PAIOSO 26/11/75 Ficha
2349 CABEZO GRANDE Ourense Viana do Bolo PRADORRAMISQUEDO (SAN SEBASTIÁN) PRADORRAMISQUEDO 26/11/75 Ficha
961 CABORRECELLE Lugo Portomarín CABORRECELLE (SAN XULIÁN) CABORRECELLE 31/07/75 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas