Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
2105 COSTAS: COSTA DE BOUZAS, COSTA DE IZÁS, BERGUEIRA, MONTE REDONDO E O BOSQUE Ourense Punxín BARBANTES (SANTIAGO) BARBANTES 25/06/80 Ficha
883 COSTOIRA Lugo Páramo (O) NEIRA (SANTA MARÍA MADANELA) PONTE DE NEIRA, CASTRO DE NEIRA, LAMABECERROS E CAL PONTE DE NEIRA, CASTRO DE NEIRA, LAMABECERROS E CAL 16/11/81 Ficha
518 COTÁ Lugo Friol COTA (SAN MARTIÑO) COTÁ, agás os lugares de Coido e Pena COTÁ, AGÁS LUGARES DE COIDO E PENA 20/12/82 Ficha
4439 COTARELO Lugo Sarria NESPEREIRA (SANTIAGO) Lamas, Airexe, A Caseta, Ribas e A Casanova LAMAS, AIREXE, A CASETA, RIBAS E A CASANOVA
31/03/22 Ficha
3074 COTELIÑO Pontevedra Ponte Caldelas INSUA (A) (SANTA MARIÑA) INSUA INSUA 28/04/04 Ficha
1729 COTELO E RÍO DOS CARNEIROS Ourense Xunqueira de Espadanedo XUNQUEIRA DE ESPADANEDO (SANTA MARÍA) A GRAÑA E A REBOREDA 28/05/80 Ficha
904 COTERCES E LIÑARES Lugo Pedrafita do Cebreiro LIÑARES (SANTO ESTEVO) COTERCES E LIÑARES COTERCES E LIÑARES 28/12/74 Ficha
2905 COTIÑO Pontevedra Mos DORNELAS (SANTA MARÍA) TODOS DORNELAS 10/05/91 Ficha
4077 COTIÑO, O PENEDO E O SEIXO Ourense Maside GARABÁS (SAN PEDRO) MUNDÍN MUNDÍN 10/12/14 Ficha
2047 COTIÑOS E CARRILLEIRA Ourense Padrenda PADRENDA (SAN CIBRÁN) PARROQUIA DE PADRENDA (SAN CIBRÁN) 14/10/92 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas