Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.
É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.
O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.
Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:
- A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
- A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
- A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
- Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
- Ano de produción: 2024
Buscador
Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)
A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda
| ID do monte | Nome | Provincia | Concello | Parroquia | Lugar | Comunidade | Data | Ficha |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 3222 | COTO ARIEIRA E A CANEIRA, OS PENEDOS, ESTIBADA DA PONTE E COTO DA PONTE. | Pontevedra | Vila de Cruces | TOIRIZ (SAN XOÁN) | BARRIO | BARRIO | 10/05/00 | Ficha |
| 281 | COTO CANEL | Lugo | Abadín | ROMARIZ (SAN XOÁN) | ESPIÑARCAO E VALIÑA DE FREIRE | ESPIÑARCAO E VALIÑA DE FREIRE | 30/10/78 | Ficha |
| 3116 | COTO CERDEIRAL E SANTA CRISTINA | Pontevedra | Salvaterra de Miño | LEIRADO (SAN SALVADOR) | TODOS | LEIRADO | 20/09/84 | Ficha |
| 282 | COTO DA CAL E COUCE DE VIGO | Lugo | Abadín | ROMARIZ (SAN XOÁN) | ROMARIZ EXCEPTO ESPIÑARCAO E VALIÑA DE FREIRE | 05/02/79 | Ficha | |
| 4184 | Coto da Cidá | Pontevedra | Crecente | QUINTELA (SAN CAETANO) | QUINTELA | 20/12/17 | Ficha | |
| 266 | COTO DA GÁNDARA | A Coruña | Vimianzo | VIMIANZO (SAN VICENTE) | A GÁNDARA | LUGAR DA GÁNDARA. | 14/03/05 | Ficha |
| 2124 | COTO DA MOURA | Ourense | Quintela de Leirado | REDEMUÍÑOS (SAN SALVADOR) | PARROQUIA DE REDEMUÍÑOS (SAN SALVADOR) | 25/05/77 | Ficha | |
| 2575 | COTO DA RODA, PENAS E ESPIÑEIRA | Pontevedra | Cerdedo | PARADA (SAN PEDRO) | MOUTEIRA E PARADA | MOUTEIRA E PARADA | 21/09/78 | Ficha |
| 178 | COTO DA TRAPA, POUSO E FONTE DO MAIO | A Coruña | Pontedeume | OMBRE (SANTA MARÍA) | OMBRE | 14/07/80 | Ficha | |
| 889 | COTO DAS LOUSEIRAS DE XEMIL | Lugo | Pastoriza (A) | BRETOÑA (SANTA MARÍA) | XEMIL | XEMIL | 05/02/79 | Ficha |
Paxinación
Procedementos asociados
- MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
- MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
- MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
- MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
- MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos
Lexislación aplicable
- Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 247 del 28 de diciembre de 2018)
- Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG Núm. 245 do 28 de decembro de 2017)
- Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal
- Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG Núm. 140 do 23 de xullo de 2012)
- Ley 13/1989, de 10 de octubre, de montes vecinales en mano común