Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
4556 Comunal de Freande (ampliación) Ourense Sarreaus FREIXO (O) (SANTIAGO) COUSO E FREANDE 16/12/24 Ficha
2337 COMUNAL DE FROXAIS Ourense Viana do Bolo FROXAIS (SAN BRAIS) FROXAIS 23/06/75 Ficha
1613 COMUNAL DE GANADE, CAMPO DA VEIGA, E SEIXO Ourense Xinzo de Limia GANADE (SAN BARTOLOMEU) GANADE 31/01/79 Ficha
1483 COMUNAL DE GONDULFES Ourense Castrelo do Val GONDULFES (SANTA CRUZ) GONDULFES E MARBÁN 13/12/73 Ficha
2338 COMUNAL DE GRIXOA Ourense Viana do Bolo GRIXOA (SAN PEDRO) PARROQUIA DE GRIXOA (SAN PEDRO) 23/06/75 Ficha
1654 COMUNAL DE HEROSA Ourense Gudiña (A) PENTES (SAN MAMEDE) HEROSA 25/06/76 Ficha
3923 COMUNAL DE MONTE ASNAL Ourense Amoeiro TRASALBA (SAN PEDRO) MONTE ASNAL
24/03/10 Ficha
1487 COMUNAL DE MONTEVELOSO Ourense Castrelo do Val PIORNEDO (SANTA EUFEMIA) MONTEVELOSO 13/12/73 Ficha
1232 COMUNAL DE NIEVA Ourense Avión NIEVA (SANTA MARÍA) PARROQUIA DE NIEVA (SANTA MARÍA) 27/10/76 Ficha
1484 COMUNAL DE NOCEDO OU MONTE CARBELAS Ourense Castrelo do Val NOCEDO DO VAL (SAN SALVADOR) NOCEDO DO VAL 11/06/75 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas