Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1680 O PENEDO, OS FONDEGOS, O CHOPO OU PEÓN DE ARRIBA Ourense Irixo (O) LOUREIRO (SANTA MARIÑA) ALEMPARTE 26/02/02 Ficha
293 O PICO DO ALTO Lugo Antas De Ulla AREAS (SANTA CRISTINA) SOMOZA SOMOZA 12/11/04 Ficha
4569 O Picouto dos Corvos Ourense Castrelo de Miño MACENDO (SANTA MARÍA) RAMIRAS 16/12/24 Ficha
4245 O PILO Ourense Laza CASTRO DE LAZA (O) (SAN PEDRO) TAMICELAS, O CASTRO E NAVEAUS 29/05/18 Ficha
1217 O PIÑEIRO Ourense Amoeiro BÓVEDA DE AMOEIRO (SAN PAIO) PARROQUIA DE BÓVEDA DE AMOEIRO (SAN PAIO) 31/05/88 Ficha
3954 O PREGUICEIRO E A GURITA I E II Ourense Merca (A) MANCHICA (A) (NOSA SEÑORA DE LOURDES) SOLBEIRA 14/03/12 Ficha
4150 O Regueiro Pontevedra Mos TORROSO (SAN MAMEDE) TORROSO 18/02/14 Ficha
1856 O RIAL Ourense Maceda ASADUR (SANTA MARIÑA) O RIAL O RIAL 30/09/03 Ficha
1426 O RIBEIRO 1, 2, 3, 4, 5; O COTARO 1, 2, 3; E MONTE DE ARRIBA 1, 2 Ourense Carballiño (O) SEOANE DE ARCOS (SAN XOÁN) A GRANXA 02/03/04 Ficha
4329 O ROCHAIRO Ourense Celanova ACEVEDO DO RÍO (SAN XURXO) SAN CIBRAO E CAVADOIRO 06/11/19 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas