Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
4261 O ROSAIRO E O COTO Ourense Pontedeva PONTEDEVA (SAN BREIXO) FREÁNS DE DEVA 13/03/19 Ficha
2398 O RUBADO Ourense Vilar de Santos PARADA DE OUTEIRO (SANTA MARÍA) A PONTE E O MOSQUEIRO 29/05/02 Ficha
4117 O SEIXO Ourense Bolo (O) SEIXO (O) (SANTO ANXO) O SEIXO 04/12/15 Ficha
50 O SON A Coruña Cee CEE (SANTA MARÍA) O SON AS PENAS DO SON 01/07/96 Ficha
4185 O Torreiro Pontevedra Crecente QUINTELA (SAN CAETANO) QUINTELA 20/12/17 Ficha
3088 O VILLAR Pontevedra Redondela VILAR DE INFESTA (SAN MARTIÑO) TODOS VILAR 04/12/80 Ficha
2933 OIA Pontevedra Oia OIA (SANTA MARÍA) TODOS OIA 28/01/83 Ficha
3219 OIRÓS Pontevedra Vila de Cruces OIRÓS (SANTA MARÍA) TODOS OIRÓS 10/03/77 Ficha
2764 OITAVÉN Pontevedra Fornelos de Montes OITAVÉN (SAN VICENTE) TODOS OITAVÉN 01/02/79 Ficha
937 OLGUEIRA, DOS CASTROS, PENA OURENTE E FON DE BARXA Lugo Pol SILVA (SANTIAGO) ANDIÓN, GRANDA E OUTEIRO ANDIÓN, GRANDA E OUTEIRO 22/03/82 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas