Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
1679 O COTO, O BOUZO, PENABOA, A LADEIRA Ourense Irixo (O) LOUREIRO (SANTA MARIÑA) A RÚA 26/02/02 Ficha
1872 O COUSO Ourense Manzaneda PLACÍN (SANTIAGO) PLACÍN E PARROQUIA DE PARADELA 14/02/77 Ficha
3884 O ESCORIAL, A CAMPAZA, MONTE DA CAPELA, O VALADOURO, A PORTELA, A CAMPIÑA, A REGA E A ALVARIZA Ourense Ourense MONTEALEGRE (A MILAGROSA) A GRANXA 18/11/08 Ficha
3881 O Ézaro A Coruña Dumbría ÉZARO (SANTA UXÍA) O Ézaro Lugar do Ézaro 17/12/08 Ficha
4429 O Formigueiro, Piñeiral, Os Terrós e Lama Vella Ourense Ourense CANEDO (SAN MIGUEL) Veciños de Quintela 09/03/22 Ficha
4256 O FORNO E A CASA DA PRENSA Ourense Amoeiro TRASALBA (SAN PEDRO) MONTE ASNAL
07/11/18 Ficha
2359 O LOMBO Ourense Viana do Bolo TABAZOA DE HEDROSO (SANTA MARÍA) TABAZOA DE HEDROSO 26/11/75 Ficha
1612 O MATO, RIBA DA PONTE E AS SAMIEIRAS Ourense Xinzo de Limia BOADO (SAN PEDRO) BOADO E PORTO ALTO 15/10/93 Ficha
663 O MEDORRO Lugo Monforte de Lemos SINDRÁN (SAN PEDRO) SINDRÁN 29/04/77 Ficha
3902 O OUTEIRO E OS CAMPOS Ourense Amoeiro ROUZÓS (SAN CIBRAO) O REGUENGO, CIMA DE VILA, AFONSÍN E AS QUINTÁS 14/07/09 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas