Montes veciñais en man común

Aproximadamente, a quinta parte do territorio galego, unhas 650.000 hectáreas, corresponde a monte veciñal en man común, xestionado por unhas 3.000 comunidades de montes. Isto vén demostrar que esta figura non só ten importancia como un sinal de identidade e da cultura do noso País, senón tamén como un claro indicador económico e produtivo.

É preciso recoñecer a aportación do monte veciñal nas súas múltiples vertentes: social, económica e ambiental. Dada a necesidade que ten a valorización do monte como elemento de creación de emprego e de xeración de riqueza, o Goberno galego quere ser un aliado das comunidades de montes á hora de acadar esa visibilidade social e tamén unha maior conciencia na cidadanía sobre a necesidade de pór a producir os nosos bosques.

O monte veciñal debe ser un dos principais motores do emprego local e, neste senso, as Comunidades serán as que dirixan a segunda fase do ciclo produtivo, a transformación industrial do amplo número de recursos que ofrece o bosque galego. O obxectivo non é exclusivamente mellorar a explotación forestal e a da biomasa, senón tamén compatibilizar cos usos do aproveitamento gandeiro (mediante proxectos silvopastorís), producir cogomelos, castañas ou outro tipo de froitos do bosque e potenciar zonas recreativas e rutas de sendeirismo que profundicen no coñecemento do noso contorno, á parte de programas de educación ambiental dirixidos aos máis pequenos.

Pode descargar a cartografía de montes veciñais en man común (ETRS89- UTM29N) tendo en consideración que:

  • A cartografía foi elaborada coa información que ten a disposición a Consellería do Medio Rural, está suxeita a erros e non presupón dereito de propiedade en ningún caso.
  • A cesión da información xeográfica é exclusivamente para usos non comerciais.
  • A súa concesión leva implícito o compromiso de citar sobre a súa procedencia de propiedade intelectual á Xunta de Galicia.
  • Quen efectúe a difusión está obrigado a reflectir que tódolos dereitos corresponden o propietario, a través da fórmula: copyright Xunta de Galicia.
  • Ano de produción: 2024

Buscador

Buscador específico

Consulta os datos por provincia, concello ou nome do monte. (Data de actualización: 01/09/2025)

A información gráfica é orientativa, no caso de querer unha máis precisa deberá acudir ao Servizo de Montes da provincia que corresponda

ID do monte Nome Provincia Concello Parroquia Lugar Comunidade Data Ficha
2024 O CARQUEIXAL-1, O CARQUEIXAL-2, O CHAO DA MOA, E CAMPO DE FUTBOL Ourense Ourense SEIXALBO (SAN BREIXO) PARROQUIA DE SEIXALBO (SAN BREIXO) 19/09/00 Ficha
3963 O Carrio Pontevedra Lalín VAL DO CARRIO (SANTO ANDRÉ) O CARRIO 10/03/05 Ficha
3962 O Carrio-Abonxo Pontevedra Lalín VAL DO CARRIO (SANTO ANDRÉ) Abonxo 10/03/05 Ficha
2858 O CASAL Pontevedra Moraña LAXE (SAN MARTIÑO) CASAL CASAL 20/11/79 Ficha
4162 O Casal e Peimouros Pontevedra Pontevedra MOURENTE (SANTA MARÍA) MOURENTE 14/12/16 Ficha
1209 O CASTELO, CHAO DE LODEIRO, LAGARES, RIBEIRA E ROZAS VELLAS Lugo Burela BURELA (SANTA MARÍA) BURELA 30/04/79 Ficha
4428 O Castelo, Lombeiro e Regueiro, Pedregal, Cruz, Cruz da Hedreira e Val da Pala Ourense Veiga (A) HEDREIRA (SANTA COMBA) HEDREIRA 31/05/22 Ficha
1459 O CASTRO Ourense Cartelle SABUCEDO DE MONTES (SAN PEDRO) LAMAS DE OUTEIRO E SABUCEDO 22/02/78 Ficha
4274 O CERDEDO Ourense Calvos de Randín LOBÁS (SAN VICENTE) LOBÁS 04/06/19 Ficha
4144 O COTO Ourense Amoeiro TRASALBA (SAN PEDRO) MONTE ASNAL
09/06/16 Ficha

Procedementos asociados

Procedementos asociados
  • MR652A - Comunicación dos ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común
  • MR627A - Aprobación dun proxecto de ordenación de montes
  • MR627B - Aprobación dun documento simple de xestión forestal
  • MR627C - Aprobación dun documento compartido de xestión forestal
  • MR627D - Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos

Lexislación aplicable

Lexislación aplicable

 

 

Áreas temáticas