Explotacións leiteiras galegas de calidade diferenciada
A creación do rexistro informativo de explotacións leiteiras de calidade diferenciada no cal se inscribiran de oficio as explotacións leiteiras que, no marco do plan de controis oficiais da calidade do leite cru de vaca efectuados polos servizos veterinarios da Xunta de Galicia, superen os parámetros de calidade exixidos por este decreto.
Explotacións en rexistro de calidade (a partir do 15/09/2023)
Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación (SATs)
As Sociedades Agrarias de Transformación son Sociedades Civís de finalidade económico-social, en orde á produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros ou forestais, realización de melloras no medio rural, promoción e desenvolvemento agrario e prestación de servizos comúns que sirvan a aquela finalidade. As Sociedades Agrarias de Transformación adquiren personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, coa súa inscrición no Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia, se este é o seu ámbito territorial.
Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento e Xestión de Galicia (RESAXEGA)
O Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento e Xestión de Galicia (Resaxega) créase mediante o Decreto 235/2007 para dar cumprimento aos regulamentos comunitarios R (CE) 1782/2003 e R (CE) 1698/2005.
O Decreto 235/2007 regula as condicións que deben cumprir os servizos de asesoramento e de xestión das explotacións agrarias.
Este rexistro está divido en 3 subseccións: entidades que prestan servizos de asesoramento, entidades que prestan servizos de asesoramento e xestión e entidades que prestan servizos de xestión.
Páxinas
