Eventos forestais

Información xeral

Neste apartado atopará información sobre eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional. Quérese ofrecer un servizo ás asociacións e entidades que compoñen o sector forestal de Galicia, e de forma xeral, á sociedade galega, á fin de que coñeza os temas e noticias de interese forestal que estanse a desenvolver no mundo e particularmente en Europa.

Boletín

A subscrición ao servizo de avisos é unha ferramenta para recibir de forma automática as novidades en materia de eventos, congresos, seminarios, actos e demais información de interese en materia de axenda forestal dentro do contexto internacional

Eventos forestais 2022

8º Congreso Forestal Español

Data de celebración: 27/06/2022 a 01/07/2022
Lugar de celebración: Lleida, España (híbrido)
Organiza: Sociedad Española de Ciencias Forestales (SECF)
Descripción:

O obxectivo do  CFE é presentar os resultados das investigacións e experiencias en materia de ciencias e técnicas forestais xurdidos nos últimos anos, fomentar a análise e o debate para atopar novas ideas e propostas que melloren a xestión forestal e orientar a política no sector de maneira que  converja cos intereses da sociedade.

Máis información aquí.

From policies to management in Finnish forestry: Can we meet all needs?

Data de celebración: 21/06/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: University of Jyväskylä, Finnish Environment Institute
Descripción:

Webinario que ten como obxectivo mellorar o coñecemento sobre como fortalecer a  multifuncionalidade forestal na xestión e formulación de políticas.

Máis información aquí.

Congreso Internacional de la extensión rural europea. El camino de la transferencia del conocimiento e innovación a través de la extensión hacia el desarrollo rural sostenible

Data de celebración: 21/06/2022 a 25/06/2022
Lugar de celebración: Lugo
Organiza: IALB, EUFRAS, SEASN
Descripción:

O sector da extensión rural ha de saber como apoiar, promover, mediar e asesorar ás partes interesadas, e da súa eficacia dependerá o logro dos obxectivos das políticas europeas, como a seguridade alimentaria, a protección do medio ambiente, a mitigación do cambio climático e o benestar e a protección dos animais.

Máis información aquí.

Forestry Speed Dating: Key challenges and innovation opportunities for wood construction

Data de celebración: 17/06/2022
Lugar de celebración: online
Organiza: EFI Bioregions
Descripción:

EFI Bioregions comeza unha nova serie de eventos virtuais. Esta segunda serie contará con solucións de base biolóxica para a construción sostible. Neste evento de introdución á serie haberá tres presentacións relacionadas cos desafíos crave e as oportunidades de innovación para a construción con madeira.

Máis información aquí.

Rural Pact Conference

Data de celebración: 15/06/2022 a 16/06/2022
Lugar de celebración: Bruselas, Bélxica (híbrido para sesións plenarias)
Organiza: DG AGRI & DG REGIO
Descripción:

A conferencia do Pacto Rural reunirá a políticos rexionais, nacionais e da UE xunto con autoridades locais, actores sociais e económicos nun evento participativo que reflicte a ambición e o carácter ascendente da visión rural.

Involucrará aos participantes no deseño da gobernanza do Pacto Rural e recompilará compromisos para o logro da visión a longo prazo para as zonas rurais da UE.
 
Máis información aquí.

Páxinas

Eventos forestais 2021

Áreas temáticas relacionadas